
Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea
Episode · 0 Play
Episode · 28:52 · Apr 10, 2024
About
A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou a misión Gaia en 2013 cun obxectivo ambicioso: crear o mapa máis detallado da Vía Láctea... En tres dimensións! Nestes máis de 10 anos de funcionamento, Gaia xa observou 2.000 millóns de obxectos co obxectivo de comprender mellor a evolución da nosa galaxia. En todo este proceso, un equipo galego está a empregar intelixencia artificial para procesar axeitadamente todos os datos que recompila a misión europea. Iniciamos a segunda tempada de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, da man de dous dos investigadores participantes: Xabier Pérez Couto e Lara Pallas Quintela.
28m 52s · Apr 10, 2024
© 2024 Spreaker (OG)